O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina


O equipo composto por Blas C., Miguel I., César P., Brais R., Juan U. e Adrián I. escolleron a inventora do parabrisas, Mary Anderson (nada en 1866 e finada en 1953 aos 87 anos de idade). A esta gran muller ocurríuselle a idea de inventar o limpaparabrisas despois de viaxar nun tranvía, en Nova Iorque, e observar que durante o percorrido o condutor debía deterse cada dous por tres para limpar os cristais (cosa que lle sorprendeu e lle fixo pensar que facía perder moito tempo a todos os pasaxeiros). Cando regresou a Alabama, a súa terra, desenvolveu o seu invento e conseguiu que se producise. Sen nos decatar moito lle facemos unha pequena homenaxe cada vez que alumeamos os limpias nos nosos vehículos, e na nosa terra é bastante cotiá, debémoslle moito a esta gran inventora.

Ademáis de inventora, Mary Anderson tamén foi promotora inmobiliaria, ranchera e viticultora, toda unha polímata.

            












Os investigadores codaxiáns escolleron esta muller para explicárllela ás nenas e nenos debido a que lles pareceu unha gran muller, responsable dun gran invento que mellorou de forma incrible os medios de locomoción. 

Despois de explicar quen foi esta persoa os “mestres” rematan facendo un xogo manipulativo, tipo LEGO, co que as pequenas e pequenos deben construír os seus propios limpaparabrisas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras