Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Hoxe é mércores vinteún de marzo, e teño que ir a lavandería a levar a miña alfombra, que hoxe pola mañá ensuciei con café. O único que non entendo é por que teñen que cobrarme quince ou vinte euros por limpar unha simple alfombra, se a súa fabricación é moi moi fácil, só hai que meter a la nunha máquina, darlle ao prendido e esperar. En cinco minutos xa tes corenta e tres alfombras listas.
Pregúntome como sería antigamente...
Para sabelo, invitámosvos a un taller asombroso, inspirado na época das nosas avoas e avós, e na industria daqueles tempos. Neste obradoiro atopamos tres industrias diferentes: unha de alfombras, outra de cestería e a terceira de cerámica.



Na de alfombras soamente traballan dúas mulleres de 2º de ESO, e fan moito traballo, pois estas alfombras non son nada sinxelas...

Para poder facelas, soamente precisamos un aro e tela de trapallo. Para comezar temos que atar a la ao aro, é un pouco complexo, xa que soamente podes usar unha man: primeiro, atas un extremo da la ao aro, e a levas ata o centro. Unha vez no centro, agarramos un fragmento da la, e levamos o restante ao aro, e repetimos este mesmo proceso ata sete veces, para formar un hexágono. Logo collemos outra bola de la, e a pasamos en zigzag entre o hexágono, de xeito que os espazos en branco que quedan, os reencheamos coa la.

Se queremos cambiar de cor, o único que temos que facer, é un nó, e repetir o mesmo procedemento cunha nova bola de la da cor que queiramos.



Outra das actividades artesanais é a cerámica, nesta traballan tanto homes como mulleres, tamén de 2º de ESO, e é máis fácil de facer, soamente precísanse plastilina e un torno, que é o instrumento que se utiliza para darlle forma ao barro.

Os pasos que temos que seguir, son moi sinxelos, o único é que temos que ter moita paciencia, xa que hai que repetilo unha e outra vez... Primeiro temos que coller un anaco de plastilina e facer un churro con el. Logo o unimos para darlle forma de anel, repetimos o proceso ata acumular bastantes para formar unha vasilla.





E o último taller que podemos atopar, é o de cestería, neste traballan dous homes, que tamén son de 2º de ESO, e como di o nome, aquí fanse cestas... Esas nas que podes gardar dende froita ata os vosos xoguetes...

Para realizalas precisamos dúas las de diferentes cores, círculos de cartón, pinchos de vimbio, silicona quente e tesoiras.

O procedemento é parecido ao das alfombras. O primeiro que hai que facer é pegar os pinchos de vimbio aos círculos de cartón con silicona quente. Despois disto, collemos a la, pegamos un estremo a parte do pincho que está co cartón e comezamos a meter a la en zigzag entre os pinchos. Unha vez rematado isto, pegamos o outro extremo da la con silicona quente para que non se desprenda.

Ao mellor non te decatas, pero estes obxectos da antigüidade, os usamos día a día: ao entrar na casa, usamos unha alfombra para limpar os pes, unha cunca de cerámica para servir a comida, e quen non ten unha paneira de vimbio ou un cesto para gardar a leña ao carón da cheminea...?





Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Soños despertos: versos e palabras