Soños despertos: versos e palabras




As alumnas e os alumnos de 3º da ESO se reparten en diferentes actividades durante a semana cultural: loxísticas, artísticas, culturais, informativas, etc. Unha das actividades máis visuais, e tamén artística, é a elaboración de enormes poemas para dar vida e xerar un contorno artístico e emotivo á escola. As obras elixíronse tras unha busca por parte do alumnado, que intentaron atopar poemas que xeraran ganas de sentir e vivir a nosa lingua, o noso arte. 

O profesor encargado de supervisar esta actividade e Xavi, o profesor de galego de 3º e 4º da ESO. Os participantes nesta actividade que require sensibilidade artística e visión espacial foron algunhas alumnas e alumnos de 3º de ESO (Alfonso G., Zoe S., Iago G., Lucia M., Laura N., Paula V., Sara R., Andrea B., Pilar G., Hugo N., Natalia M., Fernando V.).

Esta actividade, aproveitando que onte foi o día internacional da poesía, se está a facer para dar un toque cultural e colorido a todos os espazos baleiros do colexio e encher as paredes pintadas de branco con poesía, e que así os nenos que están aprendendo a ler e os maiores atopen ao seu redor versos que pague a pena ler.


As alumnas e alumnos de 3º da ESO que participaron nesta actividade buscaron poemas, dos que logo elixiran os anacos que mais lles gustaron. Unha vez elixida a obra recortaron as letras autoadhesivas, e finalmente as pegaron nas paredes baleiras.
















Lede. Escribide. Soñade!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!