A idade da arte
Luns a primeira hora. Chegamos á redacción e encárgannos unha difícil tarefa. Temos que cubrir as actividades que as nosas compañeiras e compañeiros de 1º de ESO idearon para os máis cativos da escola. Pasamos o portalón que separa o colexio dos maiores de infantil. Chegamos alí emocionadas, tíñamos ganas de ver rir as nenas e nenos, de ver as súas caras de sorpresa. Ao entrar no edificio, perdímonos, parece un labirinto, que rápido esquecemos a nosa prehistoria!
Todo era silencio, ata que abrimos unha porta e... zasss! Unha explosión de risas e gritos de alegría inundou as nosas cavidades cerebrais. De súpeto sentímonos noutro universo, xa lonxano, libre de preocupacións e onde só había espazo para a diversión e o xogo, co que se aprenden as cousas importantes da vida.
O primeiro espazo que atopamos, é a aula de plástica, onde encontramos a sete artistas asombrosos:
Alex, Nerea, Alcira, Martín, Izan, Mauro e Iria. Alí as nenas e nenos convértense nuns pintores, e non de brocha gorda, que imitan uns dos expresivos cadros de Frida Khalo, e grazas a isto, aumentan a súa creatividade e o seu aprendizaxe.
Os cativos de infantil aprenden que eles tamén poden pintar: o arte é para todas as idades.
Cada un dos mestres pintores encargados da actividade tiña a súa propia opinión sobre o traballo, por exemplo: un dos integrantes do grupo ao principio dubidaba, pero cando empezou a ver os resultados e aos cativos felices, todas esas dúbidas desapareceron e empezou a disfrutar do traballo. A outro, o que máis lle gustaba era ver a todos divertíndose e aprendendo. En xeral, sentíanse orgullosos do seu obradoiro e de que foran capaces de ensinarlles a pintar como a gran artista Frida Khalo.
A actividade foi moi interesante e as nenas e nenos pasárono xenial!!!
![]() |

Comentarios
Publicar un comentario