A loita é nosa!
Ulides ese olor? Se te achegas ao edificio do ximnasio hai un cheiro moi raro, a pintura!!! un novo graffiti tatuará as paredes do colexio. Esta obra feita polas mans de Cayetana G., Claudia C., David F. e Álvaro S., alumnas e alumnos de 3º e 4º, está inspirada polos movementos feministas que tiveron lugar o “8 de marzo” e é unha homenaxe ás mulleres e á súa loita.
O grafiti é unha modalidade de pintura libre, destacada pola súa ilegalidade, xeralmente realizada en espazos urbanos. A súa orixe remóntase as inscricións que quedaron en paredes desde os tempos do Imperio Romano, especialmente as que son de carácter satírico ou crítico. Este non é o primeiro grafiti do colexio, xa que admitimos os grafitis como unha expresión do arte chea de cor e vida. Na nosa escola non é unha ilegalidade senón que forma parte do noso espíritu creativo e imaxinativo.
Na obra de este ano as cores máis destacadas son o morado e o violeta xa que representan o feminismo. Os artistas tamén incluiron siluetas de caras de mulleres feitas con moldes ideados por eles mesmos. O grafiti axudará a recordar esta semana cultural e a mensaxe que mandan os obradoiros sobre as mulleres.
Os autores están convencidos de que lles vai gustar moito á xente, xa que están poñendo todo o seu entusiasmo e "savoir faire" para que quede perfecto.
Despois de moito traballo e esforzo, podemos decir que é unha obra estupenda, non vos parece?
Comentarios
Publicar un comentario