A teoría atómica e Lise Meitner (a voz silenciada)
Un grupo de avezados investigadores (integrado por: Bruno S., Jorge P., Pablo A., Alberto R., Juan De C. e Adrián V.) descubriu a historia de Lise Meitner, un dos casos máis claros da negación da muller científica.
Esta muller, nada en 1878 e falecida no 1968 aos 90 anos de idade, tomou parte no equipo que fixo o descubrimento da fisión nuclear (reacción nuclear que ten lugar no núcleo atómico), aínda que o que recibiu o premio Nóbel por este achado foi Otto Hahn, un colega seu. Os improvisados mestres conseguen que unha información tan complexa como pode ser a do xeito de funcionar dunha central nuclear sexa comprensible para os niveis de infantil e primaria.
Deron información xeral sobre ela e despois para aliviar un pouco a teoría, fixeron un pequeno xogo/demostración do efecto dominó para recrear a teoría atómica.


Comentarios
Publicar un comentario