A última merenda!


Benvidos ao último dia da semana cultural!!! Como xa é habitual nestas datas tan precisas, non pode faltar a venda de pasteis na escola. Disfrutamos e saboreamos as boas lambetadas caseiras feitas polos alumnos. Hoxe tocoulles facer de chefs a 1ºC de ESO.

Os improvisados vendedores abren as súas portas as 10:50h, e permanecen abertos ata acabar coas lambetadas, que normalmente non duran moito. Podemos achar os mostradores ao carón do campo de fútbol.

Moitos dos alumnos de 1ºC de ESO opinan que é unha boa idea para recadar cartos. Pásano ben e algúns utilizan a expresión “quítanmo das mans”, será porque están deliciosos? Será porque os estómagos están baleiros? Será por obra dos pasteleiros case profesionais? Sexa polo que sexa non nos podemos, nin queremos, resistir!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras