COMEZA A SEMANA CULTURAL 2018

Benvidos un ano máis á semana cultural!!!


Como cada ano vívese unha semana especial no Colexio Martín Codax, onde os alumnos e alumnas de secundaria toman un papel máis activo se cabe, menos receptivo. Durante este tempo son os encargados de elaborar diversas actividades didácticas pensadas para os máis pequenos e pequenas. Isto implica que os alumnos e alumnas da ESO collan responsabilidade cara o seu traballo, xa que non o fan para eles se non para outras persoas.


Este ano a semana cultural está dedicada ás mulleres e ao seu importante papel na sociedade, xa que durante toda a historia non foron nin son valoradas como é debido. Engadímonos deste xeito ao clamor popular que as diferentes plataformas por a igualdade de dereitos e oportunidades fixeron notar o pasado 8 de marzo, cando miles de persoas, sobre todo mulleres, pero tamén homes, uniron as súas voces e as fixeron escoitar por case todos os rincóns do noso mundo. #ninunhamenos


Os alumnos e alumnas de secundaria encárganse de diferentes tarefas. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO están encargados das actividades para os nenos de infantil; os e as de 2º de ESO darán a coñecer aos nenos e nenas o papel da muller nos diferentes ámbitos sociais ao longo da historia; os alumnos e alumnas de 3º de ESO teñen a obriga de levar adiante varias tarefas: por unha banda están os pastores, que son os encargados de guiar ao alumnado máis cativo ás diferentes actividades, por outra banda estamos nós, o departamento de prensa, os encargados e encargadas de informar sobre todo o que está a ocorrer na escola estes días, e por último están os alumnos e alumnas encargados de realizar diversas actividades, como a decoración da escola con versos de diferentes autoras galegas, derrubando muros con poesía; o alumnado de 4º de ESO ten a responsabilidade de axudar a esnaquizar teitos de vidro e amosaranos o papel fundamental, e moitas veces silenciado, das mulleres no mundo da ciencia.


Os alumnos e alumnas de primaria e infantil empápanse de coñecementos dunha maneira divertida e entretida nas diversas actividades expostas polos seus compañeiros máis maiores. Sempre é máis doado e interesante aprender dos iguais, e non dos “catedráticos”.


Poderedes atopar información durante toda a semana neste blog e nas nosas redes sociais:



Twitter : https://twitter.com/colemartincodax?lang=es

Facebook: https://www.facebook.com/colexiomartincodax/

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras