Despedida e peche
A Semana Cultural 2018 está a piques de chegar ao seu fin. Estamos cansos, pero tamén ledos por tervos mantido ao día das actividades e o ambiente que empapan a escola. Durante esta semana mantivémosvos informados das actividades realizadas durante cada momento da mañá, e a pesar de ser un dos traballos máis serios, soubémolo levar e sacamos adiante todas as noticias a tempo para que estiverades ao tanto de todo. Foi unha semana dura, sen embargo todo o esforzo ten a súa recompensa, e esta é a ledicia e o alivio de saber que todos vós visualizáchedes as nosas noticias, e ter recibido boas críticas sobre elas da vosa parte.
Ao longo da semana, fotografiamos, entrevistamos, redatamos, vinculamos a información coas fotografías, todo isto supervisado por profesores esixentes como Alvaro M., Conchi V. ou Cristina P., coa axuda de Paloma G. (orientadora en prácticas).
Dende o punto de vista de todos nós, os reporteiros (Dani C., Lindberg N. T., Andrés R., Pablo O., Brais C., Iago P., Hugo F., Antía S., Isaac S., Lucio B., Luís A., Jose Manuel P., Jenny C., Angel F., Angel C., Sagar C., María A., e Laura G.) pareceunos que foi un traballo duro e gratificante, ademáis de entretido e produtivo. Tamén queremos agradecervos o seguimento diario das nosas noticias durante esta semana, valorando así o noso traballo.
E dende aquí, o Martín Códax, despedimos esta magnífica Semana Cultural cunha forte aperta. Esperámosvos o ano que ven!!!!
Comentarios
Publicar un comentario