Lambonadas e lambetadas


Parece que sentimos a terra tremer… Haberá un terremoto preto do aeroporto? Nooooon! Disque son os estómagos de centos de rapaces ruxindo a un tempo. Pero esto ten doada solución: no colexio Martín Codax, diante da cafetería, vaise realizar a xa tradicional venda de pasteis, postres, biscoitos, dóces, tartas de queixo, galletas e demáis lambonadas… que os alumnos de 1º de ESO fixeron na súa casa. 




A venta de pasteis terá lugar o martes, o mércores e o xoves, e está organizada polas profesoras María A. e Rosa L.

Algúns alumnos encárganse de colocar as mesas diante da cafetería, outros de recoller o diñeiro e gardalo nun lugar seguro, e os demáis de vender os pasteis aos nenos de primaria (e de secundaria).

Hai unha mesa con pasteis sen gluten, para os rapaces celíacos (condición do sistema inmunitario na que as persoas non poden consumir gluten porque dana o seu intestino delgado. O gluten é unha proteína presente nos cereais: no trigo, cebada e centeno).


O martes tócalles vender os pasteis ao alumnado de 1ºA que se van organizar repartíndose os traballos.

Os alumnos de 1ºA din que a venta de pasteis vai ser unha complexa actividade, e que, malia as dificultades de organización, xa que sempre xorden problemas nos último intres, cren que o resultado da actividade vai ser positivo e que van a aprender a traballar mellor en equipo. Ademáis os pasteis están riquísimos!


              

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras