Literatura de preto: fontaneiros e roedores entre a brétema, unha homenaxe a María Victoria Moreno.
Na parte central da escola, xunto ao patio deportivo atopamos unha porta que leva a un lugar máxico: o ximnasio, que tamén fai as veces de escenario teatral.
Nesta Semana Cultural 2018 atopamos entre bambalinas a dous grupos de alumnos de 2º de ESO.
A primeira das obras que vanse representar é sobre a vida de María Victoria Moreno, autora galardoada co premio as Letras Galegas este ano. Esta autora naceu fora de Galicia, en Cáceres, pero a súa obra literaria desenvólvese en galego. Escribiu fundamentalmente novela e conto, e adicou a súa vida, ademais, a ensinanza secundaria. Usaba un alter ego como escritora: Peregrina Peréz. Entre as súas obras destaca Leonardo e os fontaneiros, terceiro premio Barco de Vapor en 1986, ou A Brétema.
Sofia J., German P., Alba S., Xermán C., Lucia H., Candela O., Yago A., Ana F., Carmen T., Alba A., Nicolás D., Nicolás.I, Antía L., Maria R., e Adriana J., preséntannos un “biopic” acerca da vida de Mª Victoria Moreno. Nos falan de como foi a súa vida familiar e persoal ata a súa morte no ano 2005.
A segunda das obras trata sobre un dos libros máis afamados de Maria Victoria Moreno, titulado Leonardo e os fontaneiros. Esta obra é unha obra infantil-xuvenil que María Victoria consideraba o seu libro preferido, e que en 1986 foi publicada por a Editorial Galaxia e Ediciones S.M.
Breixo E., Alvaro S., Candela de L., Manuela V., Gala C., Daniel P., Álvaro D., Pablo V. y Marius J., preséntannos dous capítulos tirados da obra de Leonardo e os Fontaneiros , que tratan sobre uns nenos que no recreo se atópan cunhas ratas e deciden ponerlles nomes e quedar cada un cunha delas, pero logo, na clase, a profesora atopa as ratas, producíndose un gran barullo, e finalmente os nenos vense na obriga de lanzar as ratas pola ventá.
Ambas obras achégannos a figura e a obra desta autora das nosas letras, non vos perdades detalle.
Comentarios
Publicar un comentario