Luthiers na escola

Qué é a música?

A música está con nos dende o principio do tempo. O tam-tam, a percusión… Atopámola en tódalas festas e todas as épocas. O ser humano foi quen de inventar obxectos cada vez máis complexos para fabricar eses sons que nos apaciguan, que nos fan soñar, que son a nosa vida.

As alumnas e alumnos da escola tamén queren imaxinar sons, e imaxinar obxectos que nos agraden con eses sons, para iso o alumnado de 4º de ESO organiza un obradoiro de instrumentos feitos por as nosas compañeiras e compañeiros de toda a ESO e danos a coñecer a toda primaria.

A actividade sirve para que as nenas e nenos teñan máis coñecementos sobre a historia da música e os instrumentos, e para que o pasen ben tocándoos.

Para organizar esta actividade colleron mesas doutras clases e espalláronas cos instrumentos nelas.

O instrumento que máis lle gustou ás nenas e nenos de primaria foi un peculiar tipo de trompeta triple que fai un son peculiar e divertido. Podemos encontrar distintas variedades de instrumentos, de vento, de percusión e de corda. Hai moitas variedades de baterías, de arpas e de guitarras caseiras. Que grandísimos luthiers!

Abride ben os ollos e,sobre todo, as orellas!





Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras