Mens sana in corpore sano!

Bos días, hoxe é o último día da Semana Cultural, e non podiamos marchar sen ver o mural dos deportes, organizado polos profesores de Educación Física. O mural informa sobre sete importantes atletas femininas na súas disciplinas olímpicas, mulleres con toda unha vida dedicada ao deporte.

O obxetivo deste mural é ensinarlles as alumnas e alumnos que o deporte non é só para homes, tamén as mulleres teñen todas as capacidades para facelo.

Tras botar unha ollada ao mural dirixímonos a Diego Piña, un dos profesores de educación física e tivemos unha reveladora conversa con el. Falamos sobre a tenista Billie Jean King, que naceu en Long Beach (California) o 22 de novembro de 1943. É unha ex xogadora de tenis estadounidense.
Esta deportista publicou un libro chamado "A guerra dos sexos" no que relata as súas mellores victorias. Unha delas, quizais a máis importante para ela, foi a que lle gañou a Bobby Riggs, campión masculino e número un do mundo naqueles intres. Ela retouno, apostou a que gañaría a un partido, el aceptou e perdeu. A fazaña supuso un gran golpe sobre a mesa na reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres.

Dous meses depois a tenista sinalou que as mulleres cobraban menos que os homes, e que isto era unha inxusticia, xa que non podían cobrar menos se facían o mesmo ca eles. Grazas a esta demanda o Open dos Estados Unidos converteuse no primeiro gran torneo do seu tipo en ofrecer igualdade nas retribucións económicas dos deportistas.


Definitivamente a máxima latina mens sana in corpore sano non se refería so aos homes. Practicade deporte!















Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras