Mulleres e bares


Martes a última hora, encárgannos a tarefa de ir ao cubo para poder ver as diferentes obras que prepararon as nenas e os nenos de 2º de ESO. É unha difícil tarefa, xa que o camiño non é sinxelo: vivimos unhas aventuras extremas, pasamos entre montañas moi altas e esvaradías, cun extremo risco de caída, tamén estivemos entre dous xigantes, que estaban a decorar as paredes da súa casa e, tras pasar a porta tridimensional, fomos a outro mundo ou, mellor dito, a outra época...

Agora mesmo atopámonos no século XX, e estamos nun bar no que soamente hai homes, as mulleres son tratadas coma se fosen un virus, non poden nin entrar nos bares nin traballar, o seu oficio atopábase na casa, xunto coa vasoira, a cociña e os fillos. 
E nós preguntámonos, por que discriminan as mulleres? É unha cuestión sen resolver. 



Íamos probar o viño tinto cando o camareiro mandounos saír porque non éramos homes. Nese momento, pensamos nas nosas fillas, en como lles influiría o ser mulleres. Se o machismo continúa e aumenta, o mundo rematará sumido pola tristeza e o maltrato. Espero que esas mulleres as que botaron do bar, revélense e rematen con esta dor e poidan estar cos homes.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras