O forno Martín Codax



Hoxe mentres estabamos no patio informándonos do que estaba a ocorrer na escola, uns simpáticos rapaces achegáronse a nos preguntándonos se queriamos un anaco de empanada recén feita. Estaba quentiña, cun delicioso sabor a queixo e lacón, e co frío que facía sabía aínda mellor.




Os nosos zumes gástricos leváronnos a investigar máis. Así que nos achegamos á clase onde se atopaba esta actividade, mentres estaban traballando cuns nenos, sen molestarlles, tomamos nota de todo o que estaba a acontecer no seu obradoiro. Decidimos facerlles unhas preguntas e descobrimos moitas cousas.

Este ano os seus profesores decidiron xuntar aos tres grupos de 2º de ESO (A, B, C), e dividíronos en tres grandes grupos, segundo a temática: o mar, a industria e o campo.


Dentro deste último grupo fixeron, a súa vez, unha subdividsión: horta e panadería, onde eles se atopan. Decidiron facer empanadas xa que era algo que todo o mundo podía facer e mostraba o traballo das mulleres, que fan, e facían, este delicioso manxar, e mostrarlles deste xeito que non é tan fácil como parece. Espelicáronnos paso a paso como a facían: a masa faise con fariña de trigo, auga con levadura, un pouquiño de aceite e sal para darlle sabor. A continuación reparten un anaco da elástica masa a cada nena e neno, e lles piden que a estiren ata facer un círculo; cando xa o teñen feito botan por riba da masa unha fina loncha de queixo e o saboroso lacón para que a continuación dobren por a metade, pechando a masa. A recobren cunha pequena capa de ovo batido para darlle un ton dourado, e levana ao forno que xa ten que estar quente. Un tempo mais tarde, cando as empanadas xa están feitas, introdúcenas nun envoltorio para repartirllas aos rapazas e rapaces.




Ao rematar preguntámoslle as nenas e nenos se lles gustou a actividade (e a empanada) pero non fixo falta resposta xa que as súas caras o din todo, deslumbran felicidade tras saborear algo que fixeron por si mesmas e mesmos. Por outra banda os responsables da actividade móstranse moi satisfeitos co seu traballo, aínda máis vendo os sorrisos das e dos cativos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras