O mar en feminino


Todos escoitamos falar algunha vez da dureza do traballo no mar. Mesmo quizais temos familia que a coñece de primeira man, pero soemos escoitar falar dos náufragos, dos mariñeiros curtidos, etc. Pero, e as mulleres do mar?

Un grupo de compañeiras e compañeiros de 2º de ESO (Sara, Alba, Leire, Lucía, Javier e Hernán)  quere amosar aos nenos o duro traballo das mulleres dos anos 60 no mar. O obxectivo é concienciar aos nenos de que as mulleres deben ter os mesmos dereitos que os homes partindo dunha situación de desigualdade extrema: de como as mulleres eran explotadas laboralmente polos homes na década dos 60.

Para conseguir a devandita concienciación prepararon unha representación teatral e diversos xogos, a través disto representan como traballaban as mulleres nos anos 60.

Esta obra está ambientada nos anos 60. Esta obra se desenvolve nunha empresa onde so traballan mulleres, que son explotadas por un xefe, un home. Unha das mulleres rebélase contra o xefe pedíndolle horas de descanso, petición que é rexeitada de plano. Ante a negativa do xefe, esta muller ponse de acordo coas súas compañeiras para ir protestar, agás unha muller que ten medo a perder o seu traballo. O xefe négase outra vez.


A quen non lle soa a seguinte situación:

Manuela, un dos personaxes femininos, xa cansa de traballar, cansa de limpar peixe, enfréntase ao seu xefe, pedíndolle un descanso (dereitos laborais), e o xefe négase a deixala marchar, así que Manuela volve o seu posto de traballo, farta da fartura.
Juana lles propón as súas compañeiras de traballo facer piña, ir todas xuntas a protestar perante o xefe para que as deixe marchar máis cedo. Todas se poñen de acordo agás unha, que non se quere arriscar a perder o seu posto de traballo. O xefe négase outra vez, e deste xeito vemos a importancia de ir da man, Fuenteovejuna, todos a unha!


Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras