O oído absoluto e o oído relativo

Non todo o mundo é músico, o mesmo que non todo o mundo é poeta ou pintor. Non todos temos, afortunadamente, os mesmos talentos. Segundo se tes un bo oído ou non, podes escoitar a música dunha maneira ou doutra. Xoga tamén un importante papel se tocas algún instrumento ou non, porque quizais o hábito non fai ao monxe, pero axuda.

Tamén hai que salientar que algunhas persoas nacen cunha capacidade chamada “oído absoluto”, que teñen poucas persoas. Con este oído sempre distinguirás as notas musicais, e co que ten o resto da xente, que é o “oído relativo”, aínda que practiques tódolos días nunca chegarás a ser tan bo como co absoluto.


O interese dos rapaces que desenvolveron esta actividade é que as nenas e nenos aprendan sobre a nosa capacidade auditiva e, xa que están, mirar se teñen oído absoluto ou relativo.É dicir, que aprendan algo de bioloxía e música ao tempo. Ángel O., Pablo R. y Germán P. foron a materia gris que deu sentido a esta idea.

Esta actividade levouse a cabo porque Ángel tiña dende principio de curso a idea de facer unha actividade musical. A idea se lle ocorreu nos últimos días de prazo que a nosa profesora de música deunos para escoller se queriamos facer traballo ou instrumento para a clase de música. Como el é un chisco indeciso e non lle gusta arriscar, preferiu facer algo que xa fixera en 1º de ESO, un instrumento. Esto deulle a oportunidade de preparar algo diferente para a Semana Cultural, e de aí nace esta actividade. Coa axuda de dous compañeiros máis desenvolveron esta interesante actividade que lles e nos conecta cun dos artes que máis pesan no noso día a día: a música.


Inician a actividade explicando as diferencias que achamos entre o oído entrenado e o que non o esta. Coa práctica posterior o que intentan é que as nenas e nenos vexan se teñen oído musical ou non, e que detecten as diferencias. Para acadalo Pablo dalles as nenas e nenos unhas follas que teñen todos os nomes das notas musicais por filas, e despois no piano toca distintas notas. As nenas e nenos van rodeando as notas que cren que escoitan, e cando terminan Ángel di as notas que tocou para que as corrixan a vexan se teñen o oído entrenado ou non. Ao final Ángel toca unha peza composta por el. Unha marabilla. Gran traballo!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras