Os muros tamén falan...



Todos os anos algúns dos alumnos de 4º de ESO visten os muros da escola con murais artísticos honrando a gañadora ou gañador do ano nas letras galegas. Este ano tocoulles a dóce labor de homenaxear a María Victoria Moreno.

Esta autora foi a gañadora das letras galegas deste ano 2018, por ser unha das voces máis salientables da narración en galego destinada ao público máis cativo. Como autora presenta unha curiosidade, non naceu en Galicia senon en Cáceres (nunha zona limítrofe con Portugal) en 1939 e morreu en Pontevedra no 2005, tras unha vida adicada a escritura e a docencia. A decisión de que Maria Victoria Moreno gañase o premio das letras galegas neste 2018 adoptouse no pleno ordinario da Real Academia Galega.

Neste muro atópanse moitos dos gañadores das letras galegas, entre eles, por exemplo, os de Carlos Casares ou Manuel María

Os alumnos de 4º de ESO, con estas marabillosas pinturas nos queren transmitir a través das artes plásticas a vida e a obra de María Victoria.

As pintoras encargadas do mural deseñaron ilustracións baseadas na novela Anagnórise, que trata dunha parella de descoñecidos que comparten unha viaxe nun coche na que a muller consegue que o home entenda o pensamento feminista.

As pintoras encargadas do mural son alumnas de 4º de ESO que incluíron elementos simbólicos desa novela como o coche, que é no que transcorre case toda a historia, e o libro, que é símbolo do pensamento e do progreso cultural.

Esta obra ensínanos que todo o mundo pode -e debe- cambiar de opinión aínda que crea que ten a razón.

“Os nenos que veñen ver cada día todos os murais que estamos a pintar din que é incrible como día a día é máis doada a comprensión do que as imaxes queren representar.

Todos os anos píntanse catro fragmentos da parede perimetral, e xa temos cuarenta, homenaxeando entre outros a Carlos Casares ou Manuel María.

   




Cando o rematemos vos amosaremos o resultado!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras