REFLEXIÓN TRAS A SEMANA CULTURAL

Chegou o derradeiro día da semana cultural 2018 e, dende o departamento de prensa, quixemos facer un alto e pararnos a reflexionar. 

Por que é preciso dedicar un tempo ás figuras femininas? Por que as e os rapaces da escola teñen dificultades para nomear a unha soa científica mentres falan sen problemas de Einstein, Hawking o Tesla? Por que as mulleres temos que demostrar o doble para que se nos teña en conta?

                                       

Nós cremos que é importante que se adicara a Semana Cultural 2018 ás mulleres, xa que así fixemos visible o duro traballo que teñen e tiveron as mulleres ao longo da historia; aportáronse múltiples modelos femininos en positivo de mulleres que foron pioneiras e salientables nos seus ámbitos; en definitiva conseguise un dos grandes obxectivos da semana: facer pensar á sociedade (á nosa, pequena, escolar, pero tamén á vosa, máis grande e máis dura). Aínda así quedaron por nomear moitas mulleres loitadoras que se esforzaron e se esforzan a diario nesta batalla pola igualdade que as seguintes xeracións teñen a obriga de continuar, e non permitirmos que as mulleres do futuro sexan tratadas como as trataron a elas.

Tamén cremos que compre cambiar a idea de que hai “traballos para homes” e “traballos para mulleres” xa que non é unha cuestión de xénero, como moitas mulleres demostraron ao longo da historia (e puidemos comprobar durante esta semana), como as primeiras bombeiras, policías, doutoras, científicas, militares ou mesmo mulleres que traballan no mundo da alta competición, como a Fórmula 1.

Isto servirá de moito, como a folga do pasado 8 de marzo, cando as rúas se encheron de mulleres, e tamén homes, reivindicando os dereitos delas, os nosos dereitos. 


                                     

Hoxe en día segue a haber, non so en España, se non tamén no resto do mundo, actos de desigualdade dirixidos cara as mulleres a diario, e cremos que xa é hora de cambialo, por iso era necesaria esta Semana Cultural. Todo o mundo é importante e todo o mundo debería ser tratado igual.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Soños despertos: versos e palabras