Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

Despedida e peche

Imagen
A Semana Cultural 2018 está a piques de chegar ao seu fin. Estamos cansos, pero tamén ledos por tervos mantido ao día das actividades e o ambiente que empapan a escola. Durante esta semana mantivémosvos informados das actividades realizadas durante cada momento da mañá, e a pesar de ser un dos traballos máis serios, soubémolo levar e sacamos adiante todas as noticias a tempo para que estiverades ao tanto de todo. Foi unha semana dura, sen embargo todo o esforzo ten a súa recompensa, e esta é a ledicia e o alivio de saber que todos vós visualizáchedes as nosas noticias, e ter recibido boas críticas sobre elas da vosa parte. Ao longo da semana, fotografiamos, entrevistamos, redatamos, vinculamos a información coas fotografías, todo isto supervisado por profesores esixentes como Alvaro M., Conchi V. ou Cristina P., coa axuda de Paloma G. (orientadora en prácticas). Dende o punto de vista de todos nós, os reporteiros (Dani C., Lindberg N. T., Andrés R., Pablo O., Brais C., Iago ...

REFLEXIÓN TRAS A SEMANA CULTURAL

Imagen
Chegou o derradeiro día da semana cultural 2018 e, dende o departamento de prensa, quixemos facer un alto e pararnos a reflexionar.  Por que é preciso dedicar un tempo ás figuras femininas? Por que as e os rapaces da escola teñen dificultades para nomear a unha soa científica mentres falan sen problemas de Einstein, Hawking o Tesla? Por que as mulleres temos que demostrar o doble para que se nos teña en conta?                                          Nós cremos que é importante que se adicara a Semana Cultural 2018 ás mulleres, xa que así fixemos visible o duro traballo que teñen e tiveron as mulleres ao longo da historia; aportáronse múltiples modelos femininos en positivo de mulleres que foron pioneiras e salientables nos seus ámbitos; en definitiva conseguise un dos grandes obxectivos da semana: facer pensar á sociedade (á nosa, pequena, escolar, pero tamén á v...

A loita é nosa!

Imagen
Ulides ese olor? Se te achegas ao edificio do ximnasio hai un cheiro moi raro, a pintura!!! un novo graffiti tatuará as paredes do colexio. Esta obra feita polas mans de Cayetana G., Claudia C., David F. e Álvaro S., alumnas e alumnos de 3º e 4º, está inspirada polos movementos feministas que tiveron lugar o “8 de marzo” e é unha homenaxe ás mulleres e á súa loita. O grafiti é unha modalidade de pintura libre, destacada pola súa ilegalidade, xeralmente realizada en espazos urbanos. A súa orixe remóntase as inscricións que quedaron en paredes desde os tempos do Imperio Romano, especialmente as que son de carácter satírico ou crítico. Este non é o primeiro grafiti do colexio, xa que admitimos os grafitis como unha expresión do arte chea de cor e vida. Na nosa escola non é unha ilegalidade senón que forma parte do noso espíritu creativo e imaxinativo. Na obra de este ano as cores máis destacadas son o morado e o violeta xa que representan o feminismo. Os artistas tamén incluiron silu...

Soños despertos: versos e palabras

Imagen
As alumnas e os alumnos de 3º da ESO se reparten en diferentes actividades durante a semana cultural: loxísticas, artísticas, culturais, informativas, etc. Unha das actividades máis visuais, e tamén artística, é a elaboración de enormes poemas para dar vida e xerar un contorno artístico e emotivo á escola. As obras elixíronse tras unha busca por parte do alumnado, que intentaron atopar poemas que xeraran ganas de sentir e vivir a nosa lingua, o noso arte.  O profesor encargado de supervisar esta actividade e Xavi, o profesor de galego de 3º e 4º da ESO. Os participantes nesta actividade que require sensibilidade artística e visión espacial foron algunhas alumnas e alumnos de 3º de ESO (Alfonso G., Zoe S., Iago G., Lucia M., Laura N., Paula V., Sara R., Andrea B., Pilar G., Hugo N., Natalia M., Fernando V.). Esta actividade, aproveitando que onte foi o día internacional da poesía, se está a facer para dar un toque cultural e colorido a todos os espazos baleiros do colex...

A última merenda!

Imagen
Benvidos ao último dia da semana cultural!!! Como xa é habitual nestas datas tan precisas, non pode faltar a venda de pasteis na escola. Disfrutamos e saboreamos as boas lambetadas caseiras feitas polos alumnos. Hoxe tocoulles facer de chefs a 1ºC de ESO. Os improvisados vendedores abren as súas portas as 10:50h, e permanecen abertos ata acabar coas lambetadas, que normalmente non duran moito. Podemos achar os mostradores ao carón do campo de fútbol. Moitos dos alumnos de 1ºC de ESO opinan que é unha boa idea para recadar cartos. Pásano ben e algúns utilizan a expresión “quítanmo das mans”, será porque están deliciosos? Será porque os estómagos están baleiros? Será por obra dos pasteleiros case profesionais? Sexa polo que sexa non nos podemos, nin queremos, resistir!!!!

Os muros tamén falan...

Imagen
Todos os anos algúns dos alumnos de 4º de ESO visten os muros da escola con murais artísticos honrando a gañadora ou gañador do ano nas letras galegas. Este ano tocoulles a dóce labor de homenaxear a María Victoria Moreno. Esta autora foi a gañadora das letras galegas deste ano 2018, por ser unha das voces máis salientables da narración en galego destinada ao público máis cativo. Como autora presenta unha curiosidade, non naceu en Galicia senon en Cáceres (nunha zona limítrofe con Portugal) en 1939 e morreu en Pontevedra no 2005, tras unha vida adicada a escritura e a docencia. A decisión de que Maria Victoria Moreno gañase o premio das letras galegas neste 2018 adoptouse no pleno ordinario da Real Academia Galega. Neste muro atópanse moitos dos gañadores das letras galegas, entre eles, por exemplo, os de Carlos Casares ou Manuel María Os alumnos de 4º de ESO, con estas marabillosas pinturas nos queren transmitir a través das artes plásticas a vida e a obra de María Vi...

Mens sana in corpore sano!

Imagen
Bos días, hoxe é o último día da Semana Cultural, e non podiamos marchar sen ver o mural dos deportes, organizado polos profesores de Educación Física. O mural informa sobre sete importantes atletas femininas na súas disciplinas olímpicas, mulleres con toda unha vida dedicada ao deporte. O obxetivo deste mural é ensinarlles as alumnas e alumnos que o deporte non é só para homes, tamén as mulleres teñen todas as capacidades para facelo. Tras botar unha ollada ao mural dirixímonos a Diego Piña, un dos profesores de educación física e tivemos unha reveladora conversa con el. Falamos sobre a tenista Billie Jean King, que naceu en Long Beach (California) o 22 de novembro de 1943. É unha ex xogadora de tenis estadounidense. Esta deportista publicou un libro chamado "A guerra dos sexos" no que relata as súas mellores victorias. Unha delas, quizais a máis importante para ela, foi a que lle gañou a Bobby Riggs, campión masculino e número un do mundo naqueles intres. Ela retouno...

Tea,plastilina,vimbio, e voilà!

Imagen
Hoxe é mércores vinteún de marzo, e teño que ir a lavandería a levar a miña alfombra, que hoxe pola mañá ensuciei con café. O único que non entendo é por que teñen que cobrarme quince ou vinte euros por limpar unha simple alfombra, se a súa fabricación é moi moi fácil, só hai que meter a la nunha máquina, darlle ao prendido e esperar. En cinco minutos xa tes corenta e tres alfombras listas. Pregúntome como sería antigamente... Para sabelo, invitámosvos a un taller asombroso, inspirado na época das nosas avoas e avós, e na industria daqueles tempos. Neste obradoiro atopamos tres industrias diferentes: unha de alfombras, outra de cestería e a terceira de cerámica. Na de alfombras soamente traballan dúas mulleres de 2º de ESO, e fan moito traballo, pois estas alfombras non son nada sinxelas... Para poder facelas, soamente precisamos un aro e tela de trapallo. Para comezar temos que atar a la ao aro, é un pouco complexo, xa que soamente podes usar unha man: primeiro, atas un extrem...

CANTOS NOMES DE… SABES?

Imagen
Estos días dende o departamento de prensa estivemos elaborando este divertido vídeo, co que quixemos realizar un breve experimento: preguntaremos nomes de mulleres e homes en distintos ámbitos sociais. Queremos saber se as mulleres son ou foron silenciadas en distintos ámbitos sociais, como poden ser a ciencia, o arte, o deporte, etc.  Chegamos á conclusión de que as mulleres estiveron e están silenciadas en moitos ámbitos sociais, como é o da ciencia e o do arte. Tamén puidemos observar que nalgúns ámbitos xorden bastantes nomes de mulleres, pero nos percatamos de que sempre son os mesmos, xa que son os máis coñecidos. No caso dos homes vemos máis variedade. Xa é tempo de tomar un espazo que tamén é para nós, para todas nós!

O arte nos muros

Imagen
Patricia, unha das nosas profesoras de plástica, nos transmite o seu sentir sobre a cabida do arte nesta Semana Cultural, bravo por ela!

Voces sobre/de a Semana Cultural, colexio Martín Codax, 2018

Imagen
Neste vídeo podedes percibir como se vive dende o interior a marabillosa Semana Cultural deste 2018! Non vola perdades!!!

O oído absoluto e o oído relativo

Imagen
Non todo o mundo é músico, o mesmo que non todo o mundo é poeta ou pintor. Non todos temos, afortunadamente, os mesmos talentos. Segundo se tes un bo oído ou non, podes escoitar a música dunha maneira ou doutra. Xoga tamén un importante papel se tocas algún instrumento ou non, porque quizais o hábito non fai ao monxe, pero axuda. Tamén hai que salientar que algunhas persoas nacen cunha capacidade chamada “oído absoluto”, que teñen poucas persoas. Con este oído sempre distinguirás as notas musicais, e co que ten o resto da xente, que é o “oído relativo”, aínda que practiques tódolos días nunca chegarás a ser tan bo como co absoluto. O interese dos rapaces que desenvolveron esta actividade é que as nenas e nenos aprendan sobre a nosa capacidade auditiva e, xa que están, mirar se teñen oído absoluto ou relativo.É dicir, que aprendan algo de bioloxía e música ao tempo. Ángel O., Pablo R. y Germán P. foron a materia gris que deu sentido a esta idea. Esta actividade levouse ...

O limpaparabrisas de Mary Anderson: a pragmática feminina

Imagen
O equipo composto por Blas C., Miguel I., César P., Brais R., Juan U. e Adrián I. escolleron a inventora do parabrisas, Mary Anderson (nada en 1866 e finada en 1953 aos 87 anos de idade). A esta gran muller ocurríuselle a idea de inventar o limpaparabrisas despois de viaxar nun tranvía, en Nova Iorque, e observar que durante o percorrido o condutor debía deterse cada dous por tres para limpar os cristais (cosa que lle sorprendeu e lle fixo pensar que facía perder moito tempo a todos os pasaxeiros). Cando regresou a Alabama, a súa terra, desenvolveu o seu invento e conseguiu que se producise. Sen nos decatar moito lle facemos unha pequena homenaxe cada vez que alumeamos os limpias nos nosos vehículos, e na nosa terra é bastante cotiá, debémoslle moito a esta gran inventora. Ademáis de inventora, Mary Anderson tamén foi promotora inmobiliaria, ranchera e viticultora, toda unha polímata.              Os investigadores codaxiáns es...

A teoría atómica e Lise Meitner (a voz silenciada)

Imagen
Un grupo de avezados investigadores (integrado por: Bruno S., Jorge P., Pablo A., Alberto R., Juan De C. e Adrián V.) descubriu a historia de Lise Meitner, un dos casos máis claros da negación da muller científica.  Esta muller, nada en 1878 e falecida no 1968 aos 90 anos de idade, tomou parte no equipo que fixo o descubrimento da fisión nuclear (reacción nuclear que ten lugar no núcleo atómico), aínda que o que recibiu o premio Nóbel por este achado foi Otto Hahn, un colega seu. Os improvisados mestres conseguen que unha información tan complexa como pode ser a do xeito de funcionar dunha central nuclear sexa comprensible para os niveis de infantil e primaria.  Deron información xeral sobre ela e despois para aliviar un pouco a teoría, fixeron un pequeno xogo/demostración do efecto dominó para recrear a teoría atómica.

A batalla contra a lepra: Alice Ball

Imagen
O grupo de profesores “en prácticas” (formado por: Nico M., Xoel M., Hugo H. e David S.) explican quen foi Alice Ball (nada en 1892 e finada en 1916, aos 24 anos de idade). Esta química, cando aínda cursaba os seus estudos de posgrao en Hawai, foi reclamada por un doutor das illas que pediu que lle botase unha man para desenvolver un método para illar os compostos químicos activos dun tipo de aceite, o da chaulmoogra, e con este logrou o primer tratamento efectivo contra unha das enfermidades máis temibles da época, a Lepra (creando deste xeito o primeiro líquido inxectable para combatila). Un éxito da mediciña que levou case que a erradicar a enfermidade.  Como esta semana cultural fai referencia ás mulleres, Nico M., un voluntario entre os profesores “amateur” comentounos que o seu obxectivo principal era falar desta muller e dos seus logros dunha maneira divertida ao tempo que didáctica; tamén dixo que ao comezo da exposición se lle fixo difícil aportar aos nenos a s...

Mulleres e bares

Imagen
Martes a última hora, encárgannos a tarefa de ir ao cubo para poder ver as diferentes obras que prepararon as nenas e os nenos de 2º de ESO. É unha difícil tarefa, xa que o camiño non é sinxelo: vivimos unhas aventuras extremas, pasamos entre montañas moi altas e esvaradías, cun extremo risco de caída, tamén estivemos entre dous xigantes, que estaban a decorar as paredes da súa casa e, tras pasar a porta tridimensional, fomos a outro mundo ou, mellor dito, a outra época... Agora mesmo atopámonos no século XX, e estamos nun bar no que soamente hai homes, as mulleres son tratadas coma se fosen un virus, non poden nin entrar nos bares nin traballar, o seu oficio atopábase na casa, xunto coa vasoira, a cociña e os fillos.  E nós preguntámonos, por que discriminan as mulleres? É unha cuestión sen resolver.  Íamos probar o viño tinto cando o camareiro mandounos saír porque non éramos homes. Nese momento, pensamos nas nosas fillas, en como lles influiría o ser mullere...

O forno Martín Codax

Imagen
Hoxe mentres estabamos no patio informándonos do que estaba a ocorrer na escola, uns simpáticos rapaces achegáronse a nos preguntándonos se queriamos un anaco de empanada recén feita. Estaba quentiña, cun delicioso sabor a queixo e lacón, e co frío que facía sabía aínda mellor. Os nosos zumes gástricos leváronnos a investigar máis. Así que nos achegamos á clase onde se atopaba esta actividade, mentres estaban traballando cuns nenos, sen molestarlles, tomamos nota de todo o que estaba a acontecer no seu obradoiro. Decidimos facerlles unhas preguntas e descobrimos moitas cousas. Este ano os seus profesores decidiron xuntar aos tres grupos de 2º de ESO (A, B, C), e dividíronos en tres grandes grupos, segundo a temática: o mar, a industria e o campo. Dentro deste último grupo fixeron, a súa vez, unha subdividsión: horta e panadería, onde eles se atopan. Decidiron facer empanadas xa que era algo que todo o mundo podía facer e mostraba o traballo das mulleres, que fan, e facían,...

Enxeñeiras, cosmonautas e programadoras, elas poden con todo!

Imagen
A clase de Tecnoloxía acolle tres actividades nesta semana cultural organizadas por alumnas e alumnos de 4º de ESO. Un dos grupos (formado por: Nicolás A., Iago R., Manolo G. e Sergio C.) fala sobre a invención da calefacción: esta foi desenvolvida por María Telkes (nada en 1900 e falecida en 1995 aos 95 anos de idade). Estas mozas e mozos demostráronlles as nenas e nenos a relación que ten esta magnífica muller coa nosa cotidianidade. Os “mestres” describen as zonas das casas actuais onde é máis preciso facer uso da calefacción. Para este grupo o traballo resúltalles interesante ao tempo que didáctico, porque é algo que sucede na vida cotiá, que nos afecta a todos. Tamén mencionan que un dos seus obxectivos é facer entender como funciona correctamente a calefacción solar, tema importante nun mundo falto de sostenibilidade enerxética.             Outro dos grupos (integrado por: Félix M., Javi P., Malena Del R. e Laura L.) tratou o tema da pri...

Literatura de preto: fontaneiros e roedores entre a brétema, unha homenaxe a María Victoria Moreno.

Imagen
Na parte central da escola, xunto ao patio deportivo atopamos unha porta que leva a un lugar máxico: o ximnasio, que tamén fai as veces de escenario teatral. Nesta Semana Cultural 2018 atopamos entre bambalinas a dous grupos de alumnos de 2º de ESO. A primeira das obras que vanse representar é sobre a vida de María Victoria Moreno, autora galardoada co premio as Letras Galegas este ano. Esta autora naceu fora de Galicia, en Cáceres, pero a súa obra literaria desenvólvese en galego. Escribiu fundamentalmente novela e conto, e adicou a súa vida, ademais, a ensinanza secundaria. Usaba un alter ego como escritora: Peregrina Peréz. Entre as súas obras destaca Leonardo e os fontaneiros , terceiro premio Barco de Vapor en 1986, ou A Brétema .  Sofia J., German P., Alba S., Xermán C., Lucia H., Candela O., Yago A., Ana F., Carmen T., Alba A., Nicolás D., Nicolás.I, Antía L., Maria R., e Adriana J., preséntannos un “biopic” acerca da vida de Mª Victoria Moreno. Nos falan...

A ciencia é feminina

Imagen
Este ano na aterradora clase de Xavi, hai tres maravillosos grupos de 4º da E.S.O. que lles expondrán aos máis pequenos algunhas das figuras femininas da ciencia máis salientables. O primeiro grupo (composto por: Sarai M., Angel C., Iago A., Alex G., Javier F., Carla N. e Vica G.) descobrelles as nenas e nenos quen foi a bióloga Ameenah Gurib-Fakim (nada no 1959 nas Illas Mauricio). É unha química especializada en catalogar e investigar as propiedades medicinais da flora das Illas Mauricio e Rodrigues.  Os improvisados profesores adicáronse a amosarlle as nenas e nenos quen foi esta muller dunha maneira divertida e didáctica. Para elo, fixeron un pequeno xogo no que estes tiñan que demostrar o aprendido, situando imaxes de animais dos que antes escoitaran falar nas illas onde habitan cada un deles.         O segundo grupo (formado por: Pablo A., Mario G., Ibai R., Hugo A. e Manuel S.) fixo referencia a Elizabeth Blackwell, ``examinando´´ aos...

A electrónica e a música

Imagen
A electricidade foi gañando importancia no día a día das persoas ao longo dos anos, hoxe a empregamos para case todo, dende cociñar, lavarnos os dentes ata estudar ou ler. Do que, sen embargo, a maioría da xente non se decata é de que a electricidade tamén pode usarse para facer música. Disto vai o proxecto organizado polo alumno de 3º da ESO Tomás R. A primeira actividade consiste no uso dunha placa base, chamada Makei-Makei, para facer unha peza musical. Para iso Tomás conecta un cable aos nenos e así adquiren os distintos sons dun piano (tranquilidade, non haberá electrocucións). Deste xeito o solista vai tocando coa palma da man os seus compañeiros e facendo unha especie de canción humana. Aos nenos lles encanta e disfrutan moito nesta actividade. A segunda actividade consiste nun instrumento chamado theremin, que soa sen tocalo. Funciona coas ondas electromagnéticas que transmiten as nosas mans. Cando acercamos a nosa man soa un tono máis grave e cando a alonxamos, máis ag...

Mulleres e arquitectura: Zaha Hadid

Imagen
Este ano na semana cultural un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO (Álvaro S., Cayetana G., David F.L., David F.O. e Sergio F.) e algúns voluntarios de 4º de ESO traballan duramente cos nenos de primaria nunha actividade de plástica onde fan maquetas dos traballos mais importantes da reputada arquitecta Zaha Hadid. Zaha Hadid foi unha arquitecta anglo-iraki que naceu en Bagdad (capital de Iraq) no ano 1950 no seo dunha familia de clase alta árabe suní, aínda que pasou a meirande parte da súa vida en Londres (capital da Gran Bretaña) onde realizou os seus estudos de arquitectura. A esta gran arquitecta debémoslle obras tan coñecidas como o Maxxi, situado en Roma, o Heydar Aliyev (ver imaxe), que se pode atopar en Baku (capital Azerbaiyán ) ou a Guangzhou Opera House, situado en China, na cidade do mesmo nome. Heydar Aliyev, Baku.  A actividade realízase para axudar as nenas e nenos de primaria a que aprendan a importancia das mulleres no mundo da arquitectura (e ...

Lambonadas e lambetadas

Imagen
Parece que sentimos a terra tremer… Haberá un terremoto preto do aeroporto? Nooooon! Disque son os estómagos de centos de rapaces ruxindo a un tempo. Pero esto ten doada solución: no colexio Martín Codax, diante da cafetería, vaise realizar a xa tradicional venda de pasteis, postres, biscoitos, dóces, tartas de queixo, galletas e demáis lambonadas… que os alumnos de 1º de ESO fixeron na súa casa.  A venta de pasteis terá lugar o martes, o mércores e o xoves, e está organizada polas profesoras María A. e Rosa L. Algúns alumnos encárganse de colocar as mesas diante da cafetería, outros de recoller o diñeiro e gardalo nun lugar seguro, e os demáis de vender os pasteis aos nenos de primaria (e de secundaria). Hai unha mesa con pasteis sen gluten, para os rapaces celíacos (condición do sistema inmunitario na que as persoas non poden consumir gluten porque dana o seu intestino delgado. O gluten é unha proteína presente nos cereais: no trigo, cebada e centeno). O m...